29.9.08

Cambio de rumbo

Agora estamos aquí

1.10.07


Et voilà! Para os que me coñecedes ben non terei necesidade de publicitar os meus coñecementos de idiomas, que os teño... non todos os idiomas pero... Perfectamente podería traballar en tradución de libros ou nunha obra como enxeñeira técnica. E non, non estudei nen traducíón e interpretación nen unha enxeñería. E que? Pssssss chicos, chicos, que Es paña está para os que practican o arte do disimulo. Que non sabes que significa I used to work as an actress in matalascañas? Bueno, pois que sei eu, dis que o dialecto en cuestión non está recoñecido por Cambridge ou que "é unha frase con demasiadas acepcións..." Ou non sabes para que carallo sirve unha enxeñería técnica, por exemplo, na cidade da cultura e ti tes que traballar como tal? Bueno, neste caso estarías máis que excusada. Soltarías unha frase en plan ELPADRINO: "iso podémolo facer luns, martes, mércores, xoves..." E ale! a pastar. O que non se me ocorre é como terías que conseguir eses traballos se efectivamente sí foses traductora ou enxeñeira (carreiras -ambas- que me parecen moi meritorias, non se me confundan). Tería que chamar a un par de contactos, facer un par de amigos... Enmendaríache á miña arte da seducción laboral, previo whiskyontherocks nalgún liceo-casino-aeroclub onde van os que van, xa sabes, pequenos PADRINOs que non saben falar como Marlon Brando pero que sí poden disimular michelín con faja de marca, puro de importación e traballos a eito. E despois, se sabes cargar con peso aínda, aínda poderíamos negociar que levases a bolsita cos paus de golf. O de conducir o cochito non mo pidas, a esta xente gústalle manexarse nestes tamagochis coma se conduciran un dos seus mercedes con una sola mano, pepe! E terías un traballo, probablemente non como traductora ou enxeñeira, que es unha muller e "seguro que pola túa culpa jódenme os da seguridade social". Pois non te queixes, poderás traballar de repositora nun almacén de libros ou limpando las casetas de obras dos enxeñeiros. E non serán traballos vergoñentos nin denostarán a túa persoa, se non fose porque tí estiveches unha chea de anos estudando para traballar no que che corresponde e os caciques de sempre xogan co teu currículum e che poñen onde lle sae das pelotas.
Non teño máis que dicir, espero atopar un traballo de xornalista... ;)

13.9.07


Bueno, xa me queda menos tempo de traballo estival... agora o residual toma partido. Non direi que non actualizo o blog por extrés radiofónico, máis ben por deixadez inducida... ou falta de vida social. Outro trece de setembro máis... poucas previsións mediáticas a esta hora na radio do defunto mentras en Madrid se congratulan porque a Zapatero le gusta ESPAÑA, oiga! E a QUintana se cadra non lle gusta a videoxenia coa que sae na tele galega... e a Feijóo le pone o novo éxito editorial con edicións conservadoras S.L. Sombras en Monte Pío. Non o topei nas librerías, agardan a que na FAES atopen tempo para a presentación por todo o alto. Parece que en elotromedioreferencial xa non queren publicar máis opinións en plan Padre Calo que reverencien o Gaiás e colle testemuña o bicéfalo Correo Gallego. Ui, moita cousa e poucas ganas de contar nada. Siempre Antonio! Hai que facerlle unha meritoria despedida... enchamos as fachadas das igrexas cos caídos da patria galaica en sustitución dos de Primo de Rivera... agora, é tempo de renovación...

5.8.07



O libro de antonio gala xa non me da o sono esperado e déitome cada noite sabendo que só me quedan catro horas por diante. E como as horas están de coña, ando a buscar ocupacións de club fiminino para pasa-las tardes mentres todos os meus amigos están a traballar, estudar ou nas praias de cangas que tantísimo boto de menos. Agora deume por andar en bici... mellor que non me fagan antidopping... seica o consumo de cafeína pode ser punible. En santiago non hai ninguén polas rúas ás catro da tarde, máis alá da invasión de turisteo á cal teño que face-la pelota cada vez que saio a facer unha reportaxe. Que non lle gusta que chova? Pois non veña, señora! Non, se agora temos a culpa los galleguitos de que á mullerconlavanguardiaenlamano se le carde el pelo.
E me quedan catro días para ver -máis lle vale- á miña tocaya... Non sabía que a iba estrañar tanto, mesmo me da igual que me teña horas contándome barbaridades del régimen comunista desde un punto de vista de las españas, olé! Heille dicir se nos apuntamos a calceta ou algo así... Polo menos ata que á Santiago chegue o mar

Etiquetas:

29.6.07

Quédanme dúas maletas, catro bolsas e un monte de bobadas bastante considerables para finiquita-la estancia no piso da rúa San Pedro Mezonzo (por certo, Oko, Mustacia era o nome da nai deste santo, algo peor que este, non?). Xusto na mesma rúa onde hei traballar este verán. Plans inmediatos: pasar polo cortapelos, así en xeral, para non discriminar ningunha zona en concreto do corpo; intentar aforrar algo, alguiño... psss; facerme un fotolog deses, o outro día un rapaz preguntoume se tiña e eu, bastante interesada, díxenlle que sí pero que non me lembraba do nome naqueles momentos; negar que acabo de escribir esto último; facer que Santiago teña praia este verán. E nada, motivo da instantánea do carnaval do Hío de 2004 do meu querido instructor na vida e obra da miña vida e obra. Por que sí, que ben guapo que é.
pd. ah, e tamén quero ir ás Cïes, pero quero esperar a que chegue Oko das Américas. Vindes?

25.6.07


Menudo San Xoán. Mamá dí que é máis bonito queima-las cousas, en plan fogueiras tamén, en San Pedro, o día 29. Home, se ese día hai que saír, pois nada, sáese, non? Pois estando como estábamos nunha das Algalias, os meus queridos amigos e compañeiros de viaxe OBRIGÁRONME a escalar nonseicantas rúas de Santiago para chegar a algún lugar entre os Ancares e a Catedral. Volvo manchar, para non perder costume, a roupa branca que -non sei por que aínda- poño para saír. O Frioleiro ten boa culpa desta circunstancia...
Hai dous anos unha noite coma onte estaba "acompañada" na praia de Areacova, en Aldán. O ano pasado aburrinme coma nunca na praia de Rodeira invitada por un grupo de amigos dun compañeiro de fatigas do carnaval. Este ano acabo a noite chegando a casa cand'as galiñas e de carabina. Viva la evolución, mireusted! Psicose de datos, e poucas ganas de estudar.
Busco piso en Santiago para tres, entre outras cousas... Ah, e os meus pais leváronme a comer a Toedo unha merluza á prancha e regaláronme unha cámara polo meu cumple. O meu irmán un bolsiño verde.
E xa, non fixen máis proveito do día de hoxe, a saber canto me levaredes de vantaxe...

20.6.07

para este ano quero...

Primeiro, que teña os doce meses enteiros para min, á miña disposición, para gastalos como me dé a gana. Quero estar contenta, e cando esté triste quero pensar que me vou por contenta en breves. “Esperta, que o espectáculo está a piques de comezar e ti es a protagonista!” Quero visitar aos meus amigos que marchan ata onde poidan o tempo e os cartos, e quero gasta-lo resto cos amigos que quedan aquí. Se se pode, quixera ser algo máis decidida e, tamén se se pode, estar un chisco máis morena. Quero que ninguén ande contándome razóns que non entendo e quero ter un chip me que deixe dicir o que quero no momento este de película ondetodoomundosedeténetesquediciralgosuperelocuente. Iso tamén o quero. Quero mete-la pata e non arrepentirme, que é a miña pata e, que carallo!, todo o mundo a mete algunha vez. Quero que o meu irmán e o meu pai estén contentos co seu novo traballo, gustaríame que mamá poidese viaxar a Cuba antes de finar o Comandante. Non estaría mal topar un curriño decente, ou máis que iso, que me gustase moito. Non quero botar de menos cousas que sei que non vou volver ter, e quero mercar unha Gibson eléctrica como a de John no vídeo Get Back. Quero á miña familia e aos meus amigos, e quero que tod@s me teñan a min. Quero tomar un café contigo, pero iso xa non o quero tódo-los días, só algunhas veces. Hoxe sí, hoxe sí que me gustaría moito.
E vos mando un bico enorme, e vos invito a unha ronda de licores…

Moitas grazas muac!

"Quiero contar las monedas que quedan en los bolsillos del viento/quiero contarte la verdad sólo porque yo nunca te miento"